Leiceaga acusa a Núñez Feijoo e ao PP de uilizar a Xunta electoralmente

Xaquín Fernández Leiceaga acusou onte en Lugo a Núñez Feijoo de utilizar á Xunta de Galicia como arma electoral e esixiulle que remate con esas actuacións, logo de que a Xunta Electoral de Zona de Ribadavia abrira expediente a Alberto Núñez Feijoo e outros cargos do PP pola infracción do artigo 50.2 da Lei Electoral, pola da denuncia que interpuxo o PSdG diante dese organismo.

Leiceaga lembroulle ao Presidente da Xunta en funcións a súa amizade con Marcial Dorado e a corrupción imperante no Partido Popular e subliñou que o pobo galego é un pobo maduro que non se compra con promesas se non con ideas.

O mitin comezou ás 8,30da tarde e o candidato a presidir a Xunta estivo arroupado pola alcaldesa de Lugo Lara Méndez quen defendeu que o único que conta cun proxecto crible para Galicia é o PsdG, e polo Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, quen subliñou que o PP maltrata aos cidadáns de Lugo por non contar cos mesmos servizos que os habitantes das outras provincias.

Pola súa banda o cabeza de lista por Lugo Luís Álvarez tomou a palabra para denunciar na situación en que se atopa a provincia de Lugo, producida polos incumprimentos de Alberto Núñez Feijoo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com