Lemos, Chantada e A Ulloa reciben 4,5M€ do Plan Unico da Deputación

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, xunto ao Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, informou este martes sobre as novas actuacións que o Goberno Provincial leva aos 14 Concellos das Comarcas de Lemos, Chantada e da Ulloa. Fíxoo nun acto público no Centro do Viño da cidade do Cabe, aberto ao público en xeral e ao que foron convidados os Alcaldes destes municipios.

Santos Ramos avanzou que “achegamos aos 54.000 veciños que viven na zona Sur da nosa provincia, nos 14 Concellos das Comarcas de Lemos, Chantada e A Ulloa, outros 4,5 millóns de euros co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida. Pois estes fondos, que proveñen do Plan Único 2018, son para a execución de máis de 60 obras de mellora, por valor de 2,9 millóns de euros, de servizos públicos municipais como estradas, accesos rurais,  saneamentos, traídas de auga, instalacións deportivas ou culturais, centros sociais…”

Segundo destacou Santos Ramos, o goberno provincial socialista destina outros 415.000 euros á atención de maiores a través do financiamento do Servizo a Domicilio para persoas non dependentes. Do mesmo xeito, a Deputación xera 70 novos postos de emprego nestes 14 Concellos, financiando todos os custos laborais dos traballadores con máis de 900.000 euros.

“Este Goberno Provincial traballa por unha Deputación coas persoas, sumamente social e rural. Por este motivo, as nosas programacións buscan atender por igual ás necesidades de todos os lucenses, independentemente de onde vivan, levándoas ás distintas localidades dos 67 Concellos e respondendo ás necesidades dos seus veciños. Hoxe somos a administración da provincia que máis inviste en obra pública, en políticas activas de xeración directa de emprego, na atención profesional aos nosos maiores ou no impulso do turismo, do deporte ou da cultura”, destacou Santos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com