Lete Lasa recibe aos lucenses participantes no Dakar2020

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu no serán de hoxe aos deportistas lucenses que veñen de participar no Rally Dakar 2020, celebrado en Arabia Saudí.

O acto contou coa presenza de Diego Vallejo, copiloto de Óscar Fuertes e que completou o seu mellor Dakar finalizando na vixésimo cuarta posición en coches, Pedro Burgo e Marcos Burgo, que competiron na categoría de recente creación SVV ou ‘Side by Side’ e Eduardo Iglesias, que rematou a proba no 94º lugar da clasificación de motos. Estes tres últimos formaron parte do equipo Galimplant Team que conta co patrocinio de Galicia Calidade. Do mesmo xeito, Lete Lasa mencionou ao porriñés José Calvar que xunto ao piloto Juan Manuel Mañá tamén participou no rally.

Nas súas verbas, o responsable do Deporte galego subliñou que o Dakar 2020 “volveu poñer a Galicia no mapa deportivo mundial grazas ao esforzo e ao traballo de todos e cada un dos deportistas galegos”. Os excelentes resultados galegos e a repercusión do acontecemento en todo o mundo deben animar a máis galegos, dixo, a participar no rally Dakar.

Así tamén, o titular da carteira de Deporte asegurou que a Xunta de Galicia “continuará apoiando a todos aqueles intrépidos deportistas que como Pedro, Marcos, Eduardo, Diego ou José se atrevan a deixar o pavillón galego ben alto no rally máis duro do mundo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com