Leve descenso do número de casos activos de covid, logo dun fin de semana á alza

O número de casos activos de Covid-19, vén de descender en tres persoas respecto da xornada de onte. Os datos feitos públicos por Sanidade nas últimas horas revelan un total de 983 casos. Logo dunha fin de semana que rexistrou máis de 220 positivos, o certo é que, no día de onte tan só se rexistraron 39 positivos novos.

Unhas cifras que, confrontadas ás 41 altas recibidas durante a fin de semana, supón unha reducción leve do número de casos activos. Aínda que son esperanzadoras, non se pode falar todavía dunha baixada da curva de contaxios xa que, esta gran reducción pode ser debida a que, durante as fines de semana realízanse menos número de PCR.

Asemade, na última xornada se rexistraron dous falecementos, que ascenden xa aos 98. Os dos casos se deron entre usuarios da residencia de San Cibrao.

En canto á presión hospitalaria, mantense en cifras similares ás da fin de semana cun total de 38 ingresados en toda a provincia, 5 deles na UCI do Hospital Lucus Augusti.

Incidencia a sete días

No tocante aos niveis de alerta nos concellos, Lugo, continúa en vermello por superar os 112 contaxios nos últimos 7 días. No mesmo nivel están Monforte, Cervo, Viveiro e A Fonsagrada; que se rixen por valores absolutos sumando máis de 21 casos. No nivel laranxa -ou nivel 2 de incidencia- están Bóveda, Cospeito e Burela que suman entre 14 e 21 casos activos; e, por último, no nivel 1 -ou amarelo- con menos de 14 casos pero máis de 7 están Foz, Palas de Rei, Monterroso, Guntín, Sarria e Chantada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com