Libélulas e Crimes do Futuro, as dúas novas estreas nos Codex Cinema esta semana

Esta semana Codex Cinema estrea dúas películas fundamentais para a presente tempada cinematográfica.

A primeira estrea é Crimes do futuro, o agardado retorno de David Cronenberg á realización logo de estar oito anos afastado das cámaras. O filme causou un forte impacto no pasado Festival de Cannes e conta cun reparto estelar encabezado por Viggo Mortensen, Léa Seydoux e Kristen Stewart. A película, que tivo unha fase de xestación de máis de vinte anos, supón un retorno do director canadense a unha temática e estética moi visceral máis propia das primeiras etapas de Cronenberg.

A outra estrea da semana é Libélulas, debut na longametraxe de Luc Knowles. O filme gañou a Biznaga de Prata á Mellor Interpretación Feminina ZonaZine ex aequo para as SÚAS dúas protagonistas, Milena Smit e Olivia Baglivi, ademais tamén gañou o Premio do Público ZonaZine no susodito festival. As actrices interpretan a Alex e Cata, dúas amigas que dende sempre viven nun barrio da periferia e levan anos fantaseando con fuxir. De súpeto, uns aforros, droga roubada e unha traizón precipitarán uns acontecementos que poñerán a proba a fraxilidade do voo destas dúas libélulas.

Toda a programación en www.caldiae.gal

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com