O colectivo animalista Libera!, censura que “se pretendan reducir intervencións solidarias nun centro subvencionado con fondos públicos. O colectivo promove reclamacións pola conduta do hospital veterinario cara á protectora local”.
A persistencia da xerencia do Hospital Veterinario Rof Codina, que en declaracións aos medios de comunicación segue “defendendo unha redución dos servizos solidarios á protectora local, levou á Asociación Animalista Libera a anunciar a promoción de reclamacións ante algunhas das administracións que están aportando fondos públicos ao centro”.
Así, os animalistas pensan trasladar de xeito inmediato, a próxima semana, escritos de protesta ante a alcaldía do Concello de Lugo, a presidencia da Deputación Provincial e o Parlamento de Galicia, como órgano de control do executivo autonómico, polo que consideran “unha actuación lamentable dun centro que recibirá 1,1 millóns de euros de diversos organismos da comunidade”.
De forma paralela os defensores dos animais criticaron que, “mentres o xerente do complexo se embolsou máis de 47.000 euros de soldo en 2016, s fale de racionalidade económica, cando esta persoa ten uns emolumentos superiores aos alcaldes da Coruña (40.000), Ferrol (40.000) ou Santiago de Compostela (36.000) cun nivel de responsabilidade e carga de xestión ostensiblemente inferior”.
LIBERA! recorda que se están avaliando outras actuacións, desde a reprobación do xerente nalgún dos plenos das institucións “participantes” do Padroado da Fundación Rof Codina ata a petición formal de reducir fondos públicos si persístese na actitude de non axudar ao labor dunha protectora que cada ano rescata centos de animais.
O propio xerente recoñecía nunha recente entrevista que “dunha media de 7000 intervencións, ao redor do 10% eran correspondentes á asociación sen ánimo de lucro. Iso supón que a inmensa maioría son actuacións veterinarias “de pago”, é dicir, que a Fundación factura e ingresa”. Rematan.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.