A asociación animalista Libera! e o BNG amosaron o seu rexeitamento á instalación dun circo con animais en Augas Férreas. A asociación animalista pediulle esta mañá ademais ao Concello de Lugo que aplique o acordo plenario de marzo do 2014 no que veta o uso de animais en espectáculo circenses así como a súa publicidade no mobiliario urbán.
Libera! lembra que esta compañía xa tivo un incidente grave en 2013, cando un tigre atacou un domador en plena función en Madrid. Ademais, denuncian que mantén enxaulados a toda clase de animais que dispoñen de protección internacional, como tigres de bengala, leóns africanos e até elefantes asiáticos.
Dende o BNG tamén se amosan indignados coa instalación deste circo. “É moi grave, ademais dunha grande falta de respecto á veciñanza de Lugo que o goberno municipal autorice algo que foi rexeitado por un acordo plenario”, sinalaba o voceiro dos nacionalistas Rubén Arroxo que advertía da sorpresa da xente da zona cando nun predio de dito barrio se podía observar entre outras especies a un elefante.
Os nacionalistas anuncian que presentarán de forma urxenteunha pregunta escrita ao goberno municipal para que lle dean unha resposta inmediata de como se puido autorizar este evento.