Liberada unha persoa atrapada no seu turismo tras sairse da vía en A Pastoriza

Unha persoa foi excarcelada a pasada noite ao quedar atrapada no interior do seu vehículo tras sairsa da vía no concello lucense de A Pastoriza, á altura da parroquia de Vián.  O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 21.50 horas e remitiu unha ambulancia ata o lugar do accidente.

O persoal sanitario que se achegou ao punto confirmou que o ferido estaba atrapado no interior do turismo, polo que dende o Centro de Atención ás Emerxencias solicitouse a intervención dos Bombeiros de Vilalba e dos axentes de tráfico.

Unha vez liberada, a persoa foi trasladada ao Centro Hospitalario de referencia, polo persoal sanitario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com