Liberadas dúas persoas en Vilalba ao envorcar o coche no que circulaban

Dúas persoas de avanzada idade tiveron que ser excarceradas hoxe en Vilalba logo de envorcar co coche no que circulaban. O sinistro produciuse na LU-6517, a estrada que une a localidade con Mourence.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 14:30 horas desta tarde para alertar dos feitos. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias informouse da situación aos Bombeiros de Vilalba, que se desprazaron ata o punto cun equipo de excarceración. O sinistro tamén foi posto en coñecemento de Urxencias Médicas, de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Os Bombeiros liberaron do interior do vehículo un home e unha muller. O seu estado non reviste gravidade, aínda que a muller tivo que ser trasladada nunha ambulancia a un centro sanitario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com