Liberan a unha muller en Cospeito tras dar varias voltas de campana co coche

Unha muller resultou ferida esta tarde en Cospeito nun accidente de tráfico cando o vehículo no que transitaba deu varias voltas de campana. A vítima tivo que ser excarcelada polos Bombeiros e foi evacuada a un centro hospitalario.

O accidente tivo lugar no quilómetros 16 da carretera LU-120, na recta do Polígono de Muimenta. Un particular chamou ao 112 Galicia a eso das catro e media para explicar o acontecido. O persoal de Emerxencias alertou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Vilalba, quen se desprazou ao punto do accidente cun equipo de excarcelación. O feito foi posto en coñecemento tamén da Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com