Unha colisión entre dous vehículos rexistrada esta tarde no concello lucense do Valadouro deixa unha persoa ferida. A vítima quedou atrapada dentro de seu vehículo. Tivo que ser excarcerada polos efectivos de emerxencias mobilizados e foi evacuada a un centro hospitalario.
O sinistro tivo lugar na estrada que une Burela co Valadouro, á altura do lugar de Ferreira. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 16:00 horas de hoxe para alertar dos feitos.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou aos Bombeiros de Barreiros e ao GES de Cervo, que se desprazaron ao punto con senllos equipos de excarceración. A situación tamén foi posta en coñecemento de Urxencias Médicas, de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.