Lidia Senra pregunta á Comisión Europea por unhas declaracións do presidente da CNMC

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, rexistrou  unha  pregunta  dirixida á  Comisión Europea denunciando as declaracións realizadas esta semana polo Presidente da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) -organismo dependente do Ministerio de Facenda- nas que afirma considerar “pouco razonable” prohibir ou criticar de forma xeneralizada a venda a perdas, plantexando incluso como positivo a insostenibilidade económica das explotacións gandeiras porque, dende o seu punto de vista, pode conlevar “vantaxes”  para os consumidores/as.

Dende Alternativa Galega de Esquerda en Europa,  “denunciamos  diante da Comisión Europea esta prepotente visibilización da asimetría de forzas na cadea de produción e distribución do  sector leiteiro. Un  abuso de poder que para Lídia Senra “é evidente”, xa que a propia Comisión Europea e o Parlamento Europeo declaran traballar para “facer fronte ás prácticas comerciáis desleais na cadea de suminístración  alimentaria entre empresas”.

Asemade pregunta  e  tendo en conta que os orzamentos comunitarios para o ano  2016 contemplan fondos para apoiar  novas organizacións de produtores/as para, segundo di a propia UE,  “abordar a disparidade do poder negociaciador entre a parte agricultora e as outras partes da cadea, “acaso non é unha vulneración permitir que o elo máis forte da cadea impoña a venda a perdas aos/ás produtores/as de alimentos?”

Lidia Senra tamén interpelou directamente á Comisión para que aclare se promover a “venda a perdas”, como fixo esta semana o presidente da CNMC, constitúe unha práctica desleal fronte a aquelas empresas que actúan correctamente.

Por último, AGEe esixiu tamén saber que medidas vai tomar a Comisión con respecto á posicións que amparan o abuso de poder, como a mantida pola CNMC esta semana ao respecto da crise de prezos no sector leiteiro.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com