Limpeza extraordinaria para o novo curso escolar nos colexios de Lugo

O Concello de Lugo reforzará o dispositivo de limpeza nos centros públicos de infantil e primaria do municipio, como medida de protección fronte á COVID-19. Así o informou este venres o edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, quen subliñou que “destinamos unha partida de máis de 150.000 euros para reforzar este servizo e adaptalo ás esixencias derivadas da actual situación santiaria, mediante a contratación de 14 profesionais que se ocuparán da limpeza dos centros durante o horario lectivo, e complementando as labores que xa se viñan realizando ao rematar as clases”.

 Deste xeito, o executivo de Lara Méndez ampliará o persoal de limpeza nos colexios. Durante a xornada de mañá, de 10.00 a 13.00 horas, haberá unha persoa en cada centro que se encargará da hixiene e desinfección constante dos baños, as aulas e outros espazos e elementos de uso frecuente, ampliando en 15 horas semanais as labores de limpeza en cada centro. Nos colexios Illa Verde e Fingoi 2 será unha persoa a que se encargue de ditas tarefas ao atoparse contiguos e ser centros pequenos, pero se ampliará o horario de 9.30 a 13.30 horas (20 horas semanais).

 Actualmente, os traballos de limpeza realizábanse unha vez rematadas as clases. Con esta medida, o Concello ampliará o servizo habitual para extremar as precaucións en materia de hixiene nun total de 15 colexios lucenses. 

Novas relacionadas

  1. Ana Iglesias
    Ago 22, 2020 - 04:16 PM

    Ya sabes, tú isla verde 😂😂😂😂

    Reply
  2. Mari Dominguez
    Ago 22, 2020 - 03:45 PM

    Pero si nin as rúas limpan!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com