Liña de axudas da Deputación para a recuperación de terras abandonadas

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou este martes que o Goberno Provincial puxo en marcha unha liña de axudas para a recuperación de terras abandonadas cun valor total de 300.000 euros, “coas que dende este Goberno Provincial reafirmamos o noso compromiso cos gandeiros e agricultores da provincia”, destacou.

“Trátase dunha liña que volvemos dende este Goberno ofrecer porque así mo trasladaron persoalmente os produtores da provincia e coa que continuamos a poñer en valor o rural da nosa provincia. Como vedes, o compromiso deste goberno co rural non é un slogan, senón unha realidade que se demostra con feitos coma este”.

Son un total de 300.000 euros dirixidos a gandeiros e agricultores a título individual; agrupacións de produtores; SATs ou persoas xurídicas coa titularidade de explotacións, que dispoñan dun mínimo dunha hectárea de superficie, ben en réxime de propiedade, aluguer, ou froito dunha cesión ou doazón.

Recuperarán as terras baldías con actividades agrícolas ou gandeiras. As plantacións forestais non están subvencionadas. A axuda por hectárea é de 500 euros, podendo recibir cada beneficiario ata 9.000 euros.

Logo da aprobación das bases destas axudas, terán que ser publicadas na Base Nacional de Subvencións e logo no Boletín Oficial da Provincia. A previsión é abrir o prazo de presentación de solicitude nos vindeiros 15 días.

Case 1.200 hectáreas recuperadas

Campos Conde lembrou que “esta é unha liña de axudas totalmente pioneira nunha administración pública galega, que o Goberno da Deputación puxo en marcha durante os anos 2014 e 2015. Deste xeito, e tan só durante estes dous anos, o Executivo Provincial ofreceu axudas por valor de case 560.000 euros coas que un total de 178 agricultores e gandeiros lucenses puxeron en produción case 1.200 hectáreas de terreos baldíos na provincia de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com