O Deputado de Medio Rtural, Lino Rodríguez Ónega, inaugurou este sábado o ExpoLugo Rural 2017. O Goberno converteu á Deputación na principal administración colaboradora con esta cita de referencia para o sector agrogandeiro, cunha achega de 12.000 euros; ademais de cunha exposición do CENTRAD, composta por traxes, olería ou cestería, entre outros.
Rodríguez Ónega participou ademais na entrega de diplomas do IX Concurso de Xuíces Gandeiros e á entrega de premios do Concurso de Gando de Raza Rubia Galega.
A Xunta tamén presente
A directora xeral de Gandarías, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, participou tamén na inauguración desta mostra agrogandeira no pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Durante a súa intervención, resaltou a variada oferta ganadería galega, tamén entre as razas autóctonas das que una parte estaban alí representadas. Do Campo destacó tamén o gran peso do sector agropecuario na provincia: “un sector productivo tan vivo, que se mantén en alza e que pode prover aos máis no os dun medio de vida digno e saudable”.