Lisardo Gómez despídese da afección breoganista

O adestrador lucense do CB Breogán, Lisardo Gómez, logo da súa saída do club, debido a unha doenza que o obriga a afastarse do baloncesto, asina unha carta de despedida onde agradece ao club, a súa directiva, afeccionados, medios de comunicación, xogadores, compañeiro, amigos … todo o apoio recibido durante estes días.

No comunicado, Lisardo Gómez recorda algúns dos momentos máxicos e inesquecibles como “os playoffs do ano pasado, as mareas celestes a Valladolid e Ourense e coas interminables colas no Pazo dos Deportes”.

E remata o comunicado cun “GRACIAS sempre serei un de vós” e un “Forza Breo!!”.

Dende a redacción de xornaldelugo.com queremos desexarlle a Lisardo Gómez o mellor e moita Forza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com