Nas últimas 24 horas o Sergas notificou 128 novos positivos por Covid na área sanitaria de Lugo, unha cifra inferior a dos notificados o domingo que era de 170. No tocante aos casos activos hai unha lixeira melloría xa que se rexistra unha baixada con nove casos menos e sitúase en 2.257 casos.
En Galicia o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.807 deles 4.002 son da área da Coruña, 1.763 da de Ourense, 2.925 da de Pontevedra, 4.577 da área de Vigo, 2.302 da de Santiago e 981 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 285 en unidades de hospitalización e 18.479 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 137.899 persoas curadas, rexistrándose 2.464 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.575.376.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.523.861.