Un lixeiro cambio de tendencia da Covid chega este xoves á provincia. Mentres nas últimas xornadas Galicia xa amosaba este cambio de tendencia á alza, Lugo rexistrou hoxe, por primeira vez en xornadas, un leve aumento do número de infeccións activas. En total, tras 8 novos positivos detectados, a provincia suma hoxe tres novos casos covid, en total son 185 as persoas que manifestan unha infección activa nestes momentos.
Mentres que todos os baremos continúan estables, pois segue o aumento de altas médicas a un ritmo semellante a días anteriores con 11 novas altas, e a presión asistencial mantense nos mesmos valores que onte: 11 pacientes covid recupéranse nos centros da provincia: 9 no HULA, 1 no hospital comarcal de Monforte e outro no hospital da Costa. Asemade a UCI do HULA conta hoxe con 2 casos covid.
En canto aos falecementos, ao igual que nas últimas xornadas, non hai que lamentar novas mortes polo virus. En total, na provincia faleceron 211 persoas dende o inicio da pandemia.
Asemade, hai que destacar que neste aumento do número de casos activos podería deberse a novos positivos detectados en centros educativos da provincia. Nas últimas horas se rexistraron 3 novos casos relacionados con dous colexios da capital: o CEIP Sagrado Corazón e o Plurilingüe Divina Pastora; e un terceiro no Ceip de Samos.