Os novos contaxios rexistran un pequeno descenso tras varios días nos que se superaban os 140 novos positivos. O Sergas notificou nas últimas 24 horas, 123 novos positivos na área sanitaria de Lugo e aínda que se manteñen o número de persoas en UCI (tres) tamén descende o número de hospitalizados en planta, 4 menos.
O número total de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.869: deles 3.827 son da área da Coruña, 2.218 da de Lugo, 1.983 da de Ourense, 3.015 da de Pontevedra, 4.539 da área de Vigo, 2.324 da de Santiago e 963 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 40 están en UCI, 261 en unidades de hospitalización e 18.568 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 135.602 persoas curadas, rexistrándose 2.460 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.561.088.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.510.424.