Logo dunha semana de baixadas continuas, nas últimas 24 horas aumentou en 5 persoas o número de casos activos por coronavirus na provincia de Lugo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.008, deles 494 son da área da Coruña, 122 da de Lugo, 320 da de Ourense, 107 da de Pontevedra, 478 da área de Vigo, 413 da de Santiago, e 74 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 22 permanecen en UCI, 111 están en unidades de hospitalización e 1.875 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.283 persoas curadas, rexistrándose 601 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 122.456.