Lixeiro repunte nos casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Nas últimas horas subiron en 3 os casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo, sitúando a cifra en 404, segundo informa a  Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización.

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.653, deles 870 son da área da Coruña, 404 da de Lugo, 478 da de Ourense, 925 da de Pontevedra, 1.247 da área de Vigo, 1.195 da de Santiago, e 534 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 281 en unidades de hospitalización e 5.316 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 51.746 persoas curadas, rexistrándose 1.336 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.030.997.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com