Lluis Barbé y Lorena González campións masculino e feminino na quenda élite da Heroican Race 2017

Lluís Barbé e Lorena González proclamáronse campións masculino e feminino na quenda elite da Heroican Race 2017, celebrada esta mañá en Ribadeo. O de Cerdanyola del Vallés empregou 50 minutos e 52 segundos en realizar os 10 quilómetros do percorrido, nos que salvou 30 obstáculos. E a de Móstoles fixo un tempo de 1 horas 10 minutos e 6 segundos.
Desde os organizadores do evento deportivo, fan unha valoración moi positiva desta carreira de obstáculos na que participaron 1.500 persoas, na que traballaron 200 persoas e da que gozaron unhas 3.000 . O tempo acompañou en toda a proba, a xornada amenceu asollada e chea de cor e ambiente deportivo e de compañeirismo entre todos/as os/as participantes.
Na categoría pre-élite masculina o mellor foi Javier Barrientos, de Muxía, e a mellor foi Mónica Dávila, de Bustio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com