Un barco de recreo que recibe o nome de ‘Viking’ localizou 107 millas ao norte de Viveiro o iate que solicitou esta mañá axuda e que estaba a piques de afundir por problemas na súa embarcación. Na embarcación en apuros viaxaba un único tripulante que se atopa en bo estado.
Segundo fontes de Salvamento Marítimo, a esta hora achégase ao lugar da zona o helicóptero Pesca II con base en Celeiro para rescatar á persoa.
A chamada de socorro desta embarcación foi recibida contra as nove da mañá. Alertaba de problemas e dunha posible vía de auga que estaba a afundir a embarcación.