O dispositivo de busca coordinado pola Garda Civil sarriá, trala desaparición na mañá de onte de Ana Arias Neira, veciña e exedil da localidade, deu co paradoiro da muller de 48 anos no mediodía de hoxe, en torno ás 13.30 horas.
Ao parecer, grazas ao rastro da súa tarxeta de crédito, os axentes puideron localizar á muller nun hotel da capital lucense, no que pagou o aloxamento. Tras ser localizada foi trasladada a un centro médico para unha revisión.