Localizada a muller que desaparecera o xoves en O Valadouro

A muller de cincuenta e nove anos que o pasado xoves desapareceu do seu domicilio no Valadouro, foi localizada arredor das oito da tarde de onte. A señora foi localizada en Riosmar, preto de Cangas de Foz. Estaba algo nerviosa e os axentes da Garda Civil, solicitaron asistencia médica. Así, os xestores do 112 Galicia informaron aos profesionais de Urxencias Médicas, que enviaron un equipo ao lugar.

A muller, que ten algúns problemas de saúde, saíu do seu domicilio arredor das oito da tarde do pasado xoves. A súa tardanza inquietou á familia, que, finalmente, pediu axuda ao persoal do 112 Galicia cando estaban a piques de dar as dúas da madrugada. Os servizos de emerxencias buscaron á muller durante a xornada do venres e foi onte, preto das oito da tarde, cando a muller apareceu á beira da N-642, no cruce de Cangas de Foz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com