Localizada nunha gasolineira de Tordesillas a rapaza que se deu á fuga co seu mozo

Localizada en Valladolid Nerea Montoya, a rapaza de 15 anos de etnia xitana que levaba preto de vinte días en paradoiro descoñecido despois de darse á fuga co seu mozo. Segundo a subdelegación do goberno en Lugo foi a familia do rapaz de 17 anos a que entregou finalmente á moza este sábado nunha gasolineira situada no municipio de Tordesillas.

Foron os familiares do mozo os que alertaron á Garda Civil. Informaron que os dous menores estaban xa no domicilio e expresaron o seu desexo de entregar á rapaza, polo que axentes do Instituto Armado de Lugo se desprazaron a dita gasolineira para recollela e levala de volta a casa.

A fuga destes dous menores de etnia xitana causou fortes tensións entre ámbalas dúas familias nas últimas semanas. A familia da moza chegou a ameazar cun axuste de contas no caso de que a rapaza non fora devolta.

Esta non era a primeira vez que os dous menores intentaban fugarse, xa desapareceran varios días durante o ano pasado, até que a moza foi localizada finalmente no concello lucense de Quiroga.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com