Localizado o cadáver dun home aboiando no Río Martiñán, en Vilalba

Os profesionais de Urxencias Médicas confirmaron esta tarde a localización dun cadáver no Río Martiñán, en Vilalba. Segundo explicou o equipo médico, trátase dun home duns 75 anos de idade que faltou da casa a primeiras horas do día.

Os veciños sacaron o corpo da auga sen que fosen necesarios medios de rescate. Igualmente, o persoal do 112 Galicia avisou aos Bombeiros de Vilalba, aos voluntarios de Protección Civil e aos axentes da Garda Civil.

Polo momento, descoñécense as circunstancias que rodearon este suceso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com