Localizado o nonaxenario que faltaba da súa casa de Vilalba dende a tarde de onte

Os servizos de emerxencias atoparon ao nonaxenario que desapareceu na tarde de onte da súa casa na parroquia de Rebordaos, en Vilalba.

O señor apareceu, con algúns golpes, tirado nunha cuneta, moi próximo ao seu domicilio e foi trasladado ao Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde para someterse a un recoñecemento médico.

Sobre a súa desaparición informaron ao 112 Galicia os axentes da Garda Civil durante esta madrugada para solicitar a colaboración doutros equipos de intervención, como as agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Vilalba e doutros concellos lindeiros, como Xermade e Guitiriz.

Tamén estivo a piques de intervir o Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias co seu equipo de drons e os cans de rescate de Ferrol, pero, contra as 11:30 horas de hoxe, o señor apareceu con vida moi preto da súa vivenda. Debido a que presentaba algúns golpes, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 levaro ao home ao Centro de Saúde para que fose valorado por un facultativo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com