Localizado o septuaxenario que se perdeu tras un accidente en Vilalba

Localizado o septuaxenario que se perdeu no monte logo de sufrir un accidente co vehículo que conducía na Nacional 634, á altura de Vilalba.

O home viuse implicado nun sinistro de tráfico cun camión que transportaba palés. Ningún dos dous resultou ferido pero, máis tarde, o camioneiro púxose en contacto co septuaxenario, que lle asegurou que estaba perdido no medio do monte.

O condutor avisou ao persoal do 112 que despregou durante toda a madrugada un dispositivo con numerosos efectivos para dar co septuaxenario. Finalmente foi localizado hoxe ás nove da mañá. O home petara na porta da casa dunha veciña para pedir axuda. A muller avisou de contado aos efectivos de emerxencias. O septuaxenario presentaba algunhas rascaduras e foi trasladado por Uxencias médicas ao centro de saúde de Vilalba.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com