Localizan nun cantil o corpo da muller de Foz que estaba desaparecida dende onte

Pasados uns minutos das 09:30 horas desta mañá, un particular indicaba ao 112 Galicia que se acababa de atopar co cadáver  dunha persoa nunha cala, no paseo que une Llas con Peizás, na localidade lucense de Foz.

Foi nese momento cando o persoal do CIAE, de inmediato, alertou aos servizos sanitarios e ás Forzas da  Orde. Tras indicar o alertante que o corpo se atopaba nun cantil solicitouse, ademais, a colaboración dos Bombeiros de Barreiros, dos efectivos do GES de Cervo e de Protección Civil de Foz. Tamén se puxo en alerta ao Servizo de Gardacostas de Galicia e a Salvamento Marítimo, que desprazou a embarcación -Salvamar Aliot- ata o punto.

Finalmente, os Bombeiros e os membros do GES recuperaron o cadáver da persoa. Segundo indicoulle a Policía Local ao 112 Galicia, tratábase da muller que se buscaba desde onte, tras desaparecer dun Xeriátrico da localidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com