Localizan o corpo sen vida do octoxenario desaparecido no Páramo

Os servizos de emerxencia atoparon falecido na tarde de onte no Páramo a un home octoxenario que estaba en paradoiro descoñecido desde o pasado martes. O corpo sen vida do varón foi localizado nun río da localidade lucense ao fío das 17:30 horas.

O 112 Galicia tivo constancia da súa desaparición na tardiña do día 19 a través dun veciño do home. No seu relato, o alertante indicaba que o varón saíra de casa a dar un paseo e non regresara, algo pouco habitual no seu comportamento.

Con estes datos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) informouse dos feitos á Garda Civil, que coordinou un operativo de busca no que participaron os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Portomarín.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com