A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e a Concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, participaron esta mañá na mesa redonda Síndrome de Asperger, distintas miradas que tivo lugar no salón de actos do Centro Social Uxío Novoneyra. Trátase do coloquio organizado por Raiolas con motivo do Día Internacional do Síndrome de Asperger que se celebra o 18 de febreiro. Na charla participaron diferentes expertos, familias e persoas que sofren este tipo de trastorno do espectro autista.
Raiolas é unha asociación sen ánimo de lucro formada por pais e nais de persoas con autismo e outros trastornos do Espectro do Autismo (TEA), que desenvolve actividades que melloren a calidade de vida das persoas con autismo ou TEA e que procuren a súa plena integración familiar e social. Na actualidade atenden a 65 usuarios aos que ofrecen atención psicolóxica, psicopedagóxica e logopeda, obradoiros grupais, charlas e diferentes actos de sensibilización e divulgación na cidadanía durante todo o ano.