López Izquierdo participa no obradoiro de novas tecnoloxías da Fundación TIC

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, acompañada pola Coordinadora do VI Campus de Verán Xuvenciencia Lugo, Mercedes Novo Rodríguez, mantivo un encontro este xoves cos 130 alumnos e alumnas de 4º da ESO e BAC inscritos no programa do Campus de Verán da USC, que realizaron un obradoiro sobre contidos audiovisuais Cómo elaborar vídeos para youtube, nas instalacións da Escola de  Imaxe e Son da Fundación TIC.

López Izquierdo destacou que “a Deputación de Lugo colabora coa Universidade co plan de choque, que facilita a financiación deste Campus de Verán ademais da colaboración da Fundación TIC, que gravará todo o evento e as distintas actividades dun programa moi diverso que hai para este ano. Esta é unha oportunidade única para que o alumnado coñeza en vivo e en directo, con prácticas e obradoiros todo o relacionado coas titulacións científico-técnicas  ou científicio-sociais do Campus Terra de Lugo”.

Un equipo de profesionais e bolseiros da TIC ofrecerá tamén apoio técnico e asesoramento ao alumnado para realizar os vídeos de presentación dos seus proxectos finais. A achega da Fundación TIC complementarase con reportaxes e un vídeo coa recompilación dos momentos máis salientables de Xuvenciencia, que se proxectará o día da clausura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com