O Alcaldede Lugo, José López Orozco, anunciou hoxe que o Concello decidirá esta semana sobre a renuncia ao contrato da ORA. López Orozco explicou que logo dos informes emitidos polos servizos técnicos municipais, o asunto vaise estudar na Xunta de Goberno Local deste mércores.
A proposta, fundamentada nun informe do servizo de Enxeñería, consiste na renuncia por razóns de interese público ao contrato, a modificación da Ordenanza Reguladora do Aparcamento de vehículos, e a nova licitación do servizo.
Escoitamos a López Orozco:
Tanto a Xunta de Galicia como a Dirección Xeral de Tráfico, aseguraron non dispor de técnicos con capacidade para avaliar as propostas, e só o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canales e Portos aportou especialistas para a formación dese Comité.
O informe do servizo de Enxeñería, entre outras cousas, lembra que o prego de condicións foi elaborado no ano 2008, e salienta que os avances das tecnoloxías fan que neste tempo variaran moito os prezos, por exemplo dos programas e terminais informáticos, e ata pode darse a circunstancia de que algúns dos elementos ofertados daquela, estean neste momento descatalogados ou obsoletos.
López Orozco de novo: