A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, destacou este sábado que “grazas as xestións feitas polo equipo de goberno desbloqueamos o proxecto de saneamento da ría de Viveiro e temos o compromiso de Augas de Galicia de que se vai a licitar neste 2019. Agardamos que sexa verdade e non unha mentira máis por parte do PP. Os veciños de Viveiro levamos case 10 anos escoitando promesas incumpridas por parte da Xunta de Galicia asegurando que van a iniciar os traballos para solucionar o problema dos vertidos pero nunca fixo nada”.
Loureiro García destacou que “para o Concello sempre foi unha prioridade o saneamento da ría e por iso levamos moito tempo traballando. Dende o goberno fixemos todas as xestións necesarias para que o proxecto saíra a diante. Mantivemos reunións en Madrid con Costas e en Santiago con Augas de Galicia para que chegasen a un acordo e se iniciaran xa os traballos. Hai 5 meses, acadamos o compromiso da Directora de Augas de Galicia de que no 2019 comezarían as obras. Xa pasaron 3 meses e non temos ningunha noticia máis ao respecto. Agardamos que desta vez cumpran e non deixen na estacada aos viveirenses”.
A Alcaldesa de Viveiro detallou que as actuacións previstas son dotar a Celeiro dunha estación de bombeo, un depósito de retención e pretratamento, a optimización da depuradora e a instalación dun emisario submarino de 858 metros.