Louzao: “Despois de 10 anos de gobernos do PSOE e do BNG en Concello e Deputación, Lugo segue sen praia fluvial”

A portavoz municipal de Cidadáns en Lugo e candidata á alcaldía nas eleccións do vindeiro 26 de maio, Olga Louzao, aproveitou este mediodía o bo tempo para pasar “un día de praia” xunto a outros membros da súa candidatura a carón do río Miño.

Olga Louzao quixo denunciar deste xeito “a parálise e o fracaso” de todos os proxectos da alcaldesa, Lara Méndez, relacionados coa posta en valor do río Miño. “A construción dunha praia fluvial no entorno do río foi aprobada polo Pleno do Concello no ano 2009 e anunciada de maneira reiterada desde entón pero a día de hoxe, unha década despois e ás portas dun novo verán a realidade é que en Lugo, como dí a canción, vaya, vaya, aquí no hai playa”, ironizou a candidata de Ciudadanos.

Ataviada co kit de praia completo, Olga Louzao lembrou que “nestes 10 anos, desde que se acordou facer a praia fluvial, gobernou tanto no Concello como na Deputación o PSOE, tanto só como en compañía do BNG, e ningún dos dous fixo a praia fluvial”, criticou, recordando que “o BNG, que vai agora de adalid da praia fluvial cando tivo oportunidade de facela non a fixo”.

O mesmo acontece, dixo, co proxecto para recuperar a Fábrica da Luz, unha obra paralizada desde hai anos e “metida nun embrollo xudicial que pode que acabe como un novo Garañón, co pago de indemnizacións millonarias por parte do Concello”, alertou.

A Fábrica da Luz e a praia fluvial forman parte da irónica campaña de inauguraciónsdos grandes logros de Lara Méndez neste mandato posta en marcha por Cs, xunto á entrega de chaves das torres do Garañón, a primeira pedra das obras de desdobramento da Avenida Duquesa de Lugo ou o concerto inaugural do novo auditorio.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Mai 22, 2019 - 09:06 PM

    Grandes candidatos el próximo año a ganar el premio a la mejor escenografía en los premios Max de teatro .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com