Louzao: “O PP e o PSOE puideron mellorar o tren a Lugo pero ningún dos dous o fixo”

A portavoz municipal de Cidadáns en Lugo e candidata á alcaldía, Olga Louzao, recibiu hoxe a Javier Nart, candidato da agrupación ao Parlamento Europeo. Nart visitou a estación do tren de Lugo, onde asegurou que é unha “necesidade real para os lucenses ter unhas boas conexións ferroviarias con Galicia, co resto de España e con Europa”.

“Lugo quedou totalmente marxinada das melloras ferroviarias que foron acontecendo en toda España na última década. Nin sequera temos unha boa conexión entre as diferentes provincias de Galicia”, afirmou Olga Louzao, que reclamou melloras na liña ferroviaria tanto con Ourense como coa Coruña e “trens, frecuencias e servizos do século XXI e non do século XIX”.

“Tanto o PP coma o PSOE tiveron a oportunidade nestes 40 anos de mellorar as comunicacións de Lugo, pero as autovías aínda están sen rematar e temos un tren terceiromundista máis propio do século XIX”, denunciou.

A candidata de Cidadáns á alcaldía dixo que “o PP e o PSOE só se acordan do tren de Lugo en campaña electoral para prometer o que non fixeron e anunciar unha estación intermodal que levan prometendo desde hai 10 anos e que segue sen ser unha realidade”, criticou Olga Louzao.

Pola súa banda, Javier Nart referiuse tamén á necesidade de mellorar o transporte de mercadorías por ferrocarril na provincia de Lugo incluindo a liña A Coruña-Lugo-Monforte-Ponferrada no Corredor Atlántico de Mercadorías e logrando que a Unión Europea programe fondos destinados á mellora deste trazado para o periodo 2021-2027.

“A provincia de Lugo ten dúas infraestruturas inutilizadas que é necesario revitalizar: a Estación de Mercancías do Ceao e o Porto Seco de Monforte“, indicou Nart, ofrecendo ao mesmo tempo “unha conexión de calidade cos portos de A Coruña e Ferrol”.

“Agora estas infraestruturas están sen utilizar polas malas conexións de Lugo co resto de provincias galegas e co resto do Estado e da Unión Europea. A xente de Lugo necesita estar conectada co resto de España xa que unhas boas comunicacións incentivan o emprego e que as empresas queiran instalarse en cidades como Lugo ou Monforte”, opinou o eurodiputado de Cidadáns.

Mellorando as conexións de Lugo e Monforte aseguraríase tamén que o Corredor Atlántico de Mercancías que uniría o noroeste da península co resto de Europa pase por estas cidades, “Lugo xa perdeu o AVE, non podemos deixar escapar outra oportunidade coma esta para renovar a nosa liña ferroviaria”, asegurou Olga Louzao.

Novas relacionadas

  1. Carlos López Rod
    Mai 16, 2019 - 04:31 PM

    El del dinero en Andorra ven a dicir que van traer o Ave logo de que Rivera dices que era un derroche de cartos e estar en contra do finanzamento.

    Reply
  2. Julio DQ
    Mai 16, 2019 - 08:54 AM

    E que a xunta e o goberno non bloqueen os proxectos

    Reply
  3. Julio DQ
    Mai 16, 2019 - 08:53 AM

    Outro falante mais vaite pasear a outra cidade aqui non te queremos xa sabemos como esta a estacion e o tren o que fai falla son cartos para amañala e non politiquillos de merda

    Reply
  4. Teresa Pacios Valin
    Mai 15, 2019 - 10:48 PM

    Os demais non fixeron nada para que se fixera. A oposición esta desaparecida

    Reply
  5. Luis Díaz
    Mai 15, 2019 - 07:58 PM

    Vamos , y necesitamos que un tertuliano de tv , que nunca pisó Lugo , venga ahora a decirnos a los lucenses las carencias de nuestro sistema ferroviario con la ciudad . Todos los tránsfugas del PP que montaron eso dos ínclitos partidos , son la mar de singulares , oye .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com