A candidata de Cidadáns á alcaldía de Lugo, Olga Louzao, continuou esta mañá coa súa campaña de inauguracións simbólicas dos grandes logros de Lara Méndez nestes catro anos colocando a primeira pedra das obras de desdobramento de Duquesa de Lugo nun vídeo que se pode ver nas súas redes sociais.
“Despois de 20 anos de anuncios e promesas tanto do PSOE coma do PP Duquesa de Lugo, que é a principal entrada a Lugo, máis que unha avenida é hoxe unha corredoira perigosa sen beirarrúas nin iluminación”, describiu Olga Louzao cunha pala na man a carón dun sinal de obra e acompañada de outros membros da candidatura.
A cabeza de lista de Cs Lugo aproveitou para referirse ao anuncio que fixo Lara Méndez de converter Lugo en Vancouver. “Tendo en conta o estado no que ten Lara Méndez a cidade despois de catro anos de alcaldesa, descoidada, chea de baches, e cos pasos de peóns sen pintar máis que Vancouver parece Burundi”, comparou Olga Louzao.
“Pouco pasea Lara Méndez pola cidade, porque senón vería como están os barrios, as parroquias e as vías de comunicación da cidade e non diría estas cousas”, indicou, e lembrou que en Canadá goberna Justin Tredeau, “que é liberal, non socialista, e se estivera en España estaría en Cidadáns”.
Mai 14, 2019 - 09:58 PM
Como lles gusta pintar a mona, son ridículos, ridículos.
Mai 14, 2019 - 07:09 PM
Carallo agarra a pala sin guantes