A LU-124 entre Lindín e Cruz da Cancela estará cortada desde este luns

A  estrada LU-124, entre Lindín e Cruz da Cancela, rexistrará desde este luns, 25 de setembro, e durante dous meses, un corte de tráfico con motivo das obras de mellora desta vía. O tráfico cortarase entre os puntos quilométricos 10+060 (intersección entre a LU-124 e a LU-125) e o 15+294 (glorieta coa LU-122 en Cruz da Cancela).

Esta obra está executada aproximadamente nun 20 por cento e faise necesario un corte total pola execución das novas actuacións de drenaxe transversal. Estableceranse os desvíos alternativos.

Esta actuación de mellora na estrada LU-124, segundo anunciou a Xunta de Galicia esta mesma mañá, adxudicouse á empresa Taboada y Ramos por un importe de case 1,3 millóns de euros.

Esta actuación, no treito comprendido entre o enlace de Lindín da autovía A-8 e A Cruz da Cancela pretende acadar unha maior seguridade e comodidade dos usuarios da vía. Deste xeito, facilitaranse os desprazamentos desde a autovía do Cantábrico cara aos municipios da Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.

Os traballos previstos nesta estrada inclúen a ampliación da calzada ata acadar unha sección de 6,5 metros e a mellora dos elementos de drenaxe, tanto dos lonxitudinais, executando gabias tendidas de seguridade, como dos  transversais á infraestrutura, que serán substituídos nalgúns casos para ampliar a súa capacidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com