A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto as asociacións de recreación histórica castrexo-romanas da cidade, recibiron esta mañá ás tropas e lexións estranxeiras que veñen participar no Arde Lvcvs, nun acto no fondo da Praza Maior ao que tamén asisitu a edil de Benestar, Ana Abelleira, así como o César Agusto, Paulo Fabio Máximo e Caio Antistio.
Os participantes chegaron de distintos puntos de Galicia, como por exemplo Xinzo de Limia ou Narón e España -Navarra, Cantabria, Tarragona ou Balereares- e, incluso, dende o resto do territorio europeo, como Portugal, Italia ou Rumanía. Estas tropas e tribos sumaranse ao desfile das 20:30 horas desta tarde, ao redor da Muralla, unha das actividades máis clásicas e con máis éxito de público do Arde Luvcs, onde, nesta edición, participan un total de 44 asociacións de recreación histórica.
Neste acto, tamén houbo distincións para Julia Augusta, muller do emperador Septimio Severo, que este ano protagoniza a moeda romana dos festexos, así como tamén para a Cohors III Lucensium, que cumpre 10 anos, sendo este colectivo o primeiro en crearse ao abeiro do Arde Lvcvs.