Lugo, a capital galega máis áxil á hora de pagar as facturas

O Concello de Lugo abonou entre outubro e decembro un total de 1.887 facturas, principalmente a pequenos e medianos provedores, por valor de 21.474.156 euros, o 78% deste importe dentro do prazo legal establecido.

Esta é a principal conclusión do informe de morosidade do cuarto trimestre do 2021, no que tamén se pon de manifesto a solvencia económica da administración local que no pasado exercicio conseguiu rebaixar o período medio de pago estimado (PMPE) nun 16%, até os 44’70 días, dentro dos 60 que determina a lei.

A responsable da área económica explicou que esta cifra aínda diminúe máis cando o que se se contabilizan son os días que transcorren dende que se aproba o gasto ata que se materializa o seu pago efectivo (PMP), un dato que en decembro chegou a baixar até os 6’86 días (cando o prazo legal establecido é de 30 días).

Así, segundo os datos publicados polo Ministerio de Facenda, Lugo convírtese na Administración local con máis axilidade á hora de pagar as súas facturas. “Somos Administración local máis dilixente de toda a comunidade á hora efectuar estes pagos, fronte aos 40’32 días que tardou o Concello de Ourense, os 32’84 días de Santiago ou os 26’79 que rexistra Pontevedra”, referiu a tenente de alcaldesa.

“O documento constata que durante o pasado exercicio fomos quen de incrementar a cantidade de diñeiro que se paga en prazo aos provedores municipais”, indicou Paula Alvarellos, que tamén destacou que a maioría das facturas que quedan pendentes pertencen ou ben ás grandes compañías de subministración eléctrica e gas – pola súa especial dificultade na conformación – ou se corresponden con demoras nas que incorren as propias empresas á hora de presentar as facturas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com