As Concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico; Benestar Social, Igualdade e Inclusión, e Concello e Cidadanía, Ana Prieto, Ana Abelleira e Rosana Rielo, respectivamente; e outros membros da Corporación Municipal, asistiron na noite de onte ao desfile de moda que inaugurou a VIII Noite Aberta, organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo. O Concello de Lugo, dentro do seu impulso polo comercio de proximidade, colaborou con esta iniciativa que pon en valor o comercio local. No desfile, presentado pola artista Lucía Pérez, tamén estivo presente a presidenta de honra e a presidenta deste colectivo, Noral Real e Marta López, así como o Deputado de Innovación, Pablo Rivera.
Na VIII Noite Aberta participaron máis de 90 establecementos do centro da cidade, engalanados de rosa, ofrecendo importantes descontos nos seus produtos e distintas sorpresas nos locais, como actuacións en directo, cátering ou coctelería.