Lugo ábrese ao turismo francés, americano e alemán con máis de 2.600 visitantes até setembro

A Oficina de Turismo do Concello de Lugo atendeu ata setembro uns 2.600 visitantes franceses, americanos e alemáns, o que supón o 42% do total dos turistas estranxeiros. Así o avanzou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen subliñou que “estas cifras ratifican que Lugo xa se proxecta internacionalmente, que xa están posto no mapa mundial”. Os meses que máis turistas americanos se achegaron á Praza do Campo foron xuño e setembro, máis de 350; franceses, agosto e xullo, con preto de 400, e alemáns, setembro, con máis de 200.

En canto á procedencia do resto de visitantes, destacan os alemáns, uns 800, Reino Unido, uns 590, italianos, uns 500 e arxentinos, máis de 470. O centro de atención de turistas da Praza do Campo tamén recibiu a visita de portugueses (352), xaponeses (136), brasileiros (90) e irlandeses (46), entre outros.

“Lugo continúa crecendo como foco de atención tanto ao turismo nacional como ao internacional”, asegurou Basadre, quen fixo fincapé nas estratexias turísticas do Goberno para fidelizar aos visitantes ao longo de todo o ano.

Polo que respecta aos visitantes no mes de setembro, a Concelleira avanzou que a oficina de turismo municipal recibiu máis de 4.800 persoas, un 15% máis que no pasado ano. Os días que máis se achegaron á Praza do Campo, foron o 19 e o 8, con máis de medio cento de persoas. Ademais, os museos municipais recibiron a visita de máis de 3.000 persoas. No referente á procedencia dos visitantes, os madrileños un mes máis sitúanse á cabeza, con máis de 700 a oficina municipal de turismo, seguidos dos de Castela e León, con 529.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com