Lugo acolle a preestrea da miniserie Hotel Almirante

Lugo vestirase mañá mércores 25 de marzo, con galas hollywoodenses para a preestrea da miniserie Hotel Almirante, coa que colabora a Fundación TIC a través da Film Commission. O acto, con entrada libre, comezará ás sete e media da tarde no Círculo das Artes, edificio no que está ambientado o establecemento hoteleiro que dá nome ao telefilme, baseado na obra homónima de Marta Rivera de la Cruz.

A escritora lucense asistirá ao acto así como a práctica totalidade do cadro artístico, entre eles, a protagonista Ana Turpin e os actores lucenses, Mariana Expósito e Antonio Mourelos. Tamén asistirá o cadro técnico co director da película, Antonio Cuadri, á cabeza.

A película, cun orzamento de 750.000 euros, ten unha duración de 180 minutos, que en televisión dividirase en dous capítulos de 90 minutos cada un.  Rodouse durante cinco semanas en varias localizacións de Lugo e A Coruña. Na cidade amurallada traballou, durante 15 días, un equipo de 150 persoas, 40 delas profesionais, e o resto figurantes de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com