O Vello Cárcere acolleu hoxe a presentación do novo caderno da Fundación Galiza Sempre. O texto Vivas e Libres. Lexislación e violencia machista: Contribucións do nacionalismo galego, escrito por Carme Adán, únese á serie Ideas Impresas, que consta xa de 13 cadernos de análise da situación política actual.
O acto de presentación do caderno contou coas intervencións da autora, Carme Adán, que estivo acompañada pola Concelleira de Cultura e Branca Rodríguez Pazos, activista no eido do feminismo.
A través deste novo caderno de formación e análise, a autora, a catedrática en filosofía e pensadora feminista, Carme Adán, fai un pequeno percorrido polas contribucións do nacionalismo galego ás políticas públicas feministas de Galicia. Ao longo da obra pon o foco en todo aquilo que atinxe á violencia machista dende unha dimensión lexislativa.