Lugo acolle a carreira Special Olympics para a integración de persoas con discapacidade

Lugo será este sábado o lugar de chegada dunha das etapas da marcha ciclista unificada Special Olympics, que percorrerá Galicia nos próximos días. Este evento deportivo ten como obxectivo promover a práctica do ciclismo entre as persoas con discapacidade intelectual de Galicia, ademais de concienciar e difundir a imaxe positiva e respectuosa deste colectivo, así como eliminar barreiras e estereotipos que dificultan a súa normalización.

Na marcha participarán un total de 56 deportistas con discapacidade intelectual e adestradores, así como 50 deportistas de clubs ciclistas de toda Galicia e máis de 20 voluntarios, que colaborarán no transcurso das Marchas para garantir o seu correcto funcionamento.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, subliñou a aposta do Concello polo deporte e pola integración. Neste senso, Lara Méndez puxo en valor a riqueza asociativa de Lugo, que destaca por enriba das demais cidades en iniciativas conxuntas que axudan ás administracións para favorecer a total integración, a defensa de intereses de minorías ou a promoción social dun gran número de persoas individualizadas. “Para o Concello de Lugo é un privilexio ser meta novamente dunha etapa ciclista”, subliñou a Alcaldesa, ao tempo que lembraba que sábado Lugo acollerá esta marcha e o mércores a Volta Ciclista.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com