Lugo acolle este ano a sede da acción galega contra a violencia de xénero

A edil Ana Abelleira avanzaba hoxe a programación organizada dende a Casa da Muller na que se inclúe a celebración do Festival Invisibles 2019 e unha xornada relacionada coa vida de Clara Schumann. A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, xunto coa Alcaldesa, presentaban esta mañá os actos organizados para conmemorar o 25 de novembro, “unha data e unha programación na que queremos que toda a cidadanía se implique”, afirmaban. E lembraron que “somos o único Concello de toda España cunha marca propia, MULLERES CON FORZA, baseada na fortaleza da Muralla Romana como símbolo de empoderamento feminino”.

No que vai de ano 51 mulleres foron asasinadas en todo o estado, segundo datos oficiais, no que vai de 2019.

Co obxectivo de promover e facer visible o rexeitamento ás agresións machistas, a área de Cohesión Social retoma a campaña de sensibilización “Lugo, en Negro”. “Unha medida, explicaron, que queremos facer extensiva á Deputación Provincial, ás asociacións, aos clubes deportivos, a colexios e institutos, á hostalería e ao comercio así como a outros colectivos e servizos públicos.

En total, preto de 250 axentes sociais do municipio que, entre o 18 e o 28 deste mes, se converterán en embaixadores da iniciativa coa que lles propoñemos enloitar as súas tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercado, de xeito simultáneo con outras vilas galegas baixo o lema “Concellos en Negro contra a Violencia”. “Trátase de rexeitar coa maior contundencia posible, e dunha vez por todas, os ataques machistas e de denuncialos como un problema público, de todas e de todos. Por iso pedimos unha resposta forte, contundente, que acabe con esta forma de terrorismo, con esta lacra social que debemos combater con firmeza ata acadar que non haxa ningunha persoa que pense que as mulleres, polo feito de selo, carecemos de dereitos, de liberdade ou de capacidade de decisión, manifestaron. Por iso, dende o 18 ao 28 de novembro, Lugo tinguirase de negro, por tódalas mulleres que sofren violencia, e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte por asasinato.

“Tomemos as rúas da cidade, fagamos que sexan un gran escaparate para reivindicar que queremos un concello e un país libre de violencia”, animaron.

Co fin de facer visible a preocupación e o rexeitamento absoluto pola violencia contra as mulleres, unha das violacións de dereitos humanos máis habituais e silenciadas na nosa sociedade, a Casa da Muller da Área de Cohesión Social traballa ao longo do ano en prol da igualdade mais, durante o mes de novembro, temos previsto unha serie de actos para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero, dirixidos a toda a cidadanía co fin de sensibilizar nesta materia”, subliñaron.

Os actos programados son: o xoves, día 21, haberá unha sesión de cine, ás oito da tarde, no Salón de actos do Vello Cárcere, no que se proxectarán as curtas Suc de Síndria o 16 de decembro, dando paso a continuación a un coloquio coa participación de Tonina Gay do Club Cultural Valle Inclán e con Belén Regueiro, técnica municipal. E tanto nesa xornada, como na seguinte, organizaranse un obradoiro de customización de roupa con mensaxes feministas e de igualdade na Casa da Xuventude”.

O domingo, entre as 12 da mañá e as 8 da tarde celebrarase o Festival Invisibles 2019, coa creación dun espazo de recoñecemento a todas as mulleres que sufriron e sofren violencia de xénero e desenvolveremos unha Xornada en relación coa vida de Clara Schumann e a súa época, o Romanticismo Alemán, na que terán lugar actuacións periódicas ao longo de todo o evento coa participación de alumnas e alumnos do Conservatorio e Escolas de Música da cidade

Ademais, contarase cun espazo infantil no que haberá sesións de contacontos con perspectiva de xénero, un vermut musical, un café tertulia e un buffet – concerto así como unha exposición, libro de visitas dixital e un Photocall co lema Invisibles. E xa o propio luns, 25, celebraremos ás 12:00 horas unha ofrenda floral como homenaxe ás mulleres vítimas da violencia. Unha concentración ante a árbore da vida, na Praza de Santo Domingo, con lectura dun manifesto e actuación musical e actividade da man do Secretariado Xitano.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com