A cidade de Lugo acolle este e domingo a vixésimo-oitava edición do Tríatlon do Miño, unha competición deportiva na que se darán cita máis de 200 deportistas.
O membro da directiva da Asociación Cultural e Deportiva Fefeme, José Fernández incidiu esta mañá durante a presentación do evento nos aspectos máis técnicos deste certame, que engloba a proba Nada e Corre, non competitiva, para categorías benxamín, alevín e infantil, e a proba popular sprint.
Os cativos e cativas participantes nadarán 150 metros e correrán outros 500 metros. Dez minutos máis tarde, ás 10:00 horas, está programada a saída da proba popular, ás 11:10 a proba masculina sen tempo de corte, ás 12:20 a proba masculina con tempo de corte e ás 12:30 a proba feminina. A distancia a recorrer son 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé.
“Con estas probas tratamos de pór en valor os espazos de Lugo, o río, o Camiño Primitivo, por onde vai a transcurrir a carreira en bicicleta, e a Muralla de Lugo, por onde vai a pasar a carreira a pé”, asegurou Fernández.
Durante a presentación, o representante da Federación galega de Tríatlon, Paco Villanueva agradeceu a colaboración “fundamental” do Concello e da Deputación para levar a cabo “unha das probas máis antigas do calendario triatlético do calendario galego e español” e que chega á 28 edición cun cartel de deportistas moi importante.