O Concelleiro de Deportes en funcións, Jose Manuel Díaz Grandío, acompañado por Manuel Otero, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, e Jose Manuel Gómez, organizador do evento, presentaron o XXXIII Campionato Galego Escolar de Kung-Fu que se celebrará este domingo 14 de xuño na nosa cidade.
Neste evento deportivo competirán 560 nenos e nenas de toda Galicia pertencentes a 122 equipos. A competición terá lugar, a partir das 11 horas, no Pavillón Municipal dos Deportes, e agardase a presenza de arredor de 1.800 espectadores.
O sistema de competición baséase nos aspectos técnicos, estéticos e educativos do Kung-Fu, e componse de tres probas: combinación de movementos libres, defensa persoal simulada, e patrón de movementos previamente establecido para cada categoría.
A competición desenvolverase na modalidade individual e de equipos formados por 3, 4, 5 ou 6 deportistas, de idade superior a 8 anos. Dado que as normas da competición valoran calidades físicas e aspectos técnicos e estéticos, poden participar conxuntamente deportistas de ámbolos dous sexos.
Cada grupo de participantes deberá realizar tres probas de trinta segundos. O grao de dificultade das probas, está determinado pola variedade de movementos e técnicas que a compoñen, especialmente os Taos (patróns de movemento).
A primeira proba de combinación de movementos libres consiste na unión de exercizos compostos por diversas posicións e movementos de brazos e pernas. Esta proba está elaborada polos membros do equipo. O entrenador solo suxire ideas e posibilidades, permitindo así un maior desenrolo e expresión da creatividade e imaxinación do deportista.
A segunda proba, de defensa persoal simulada, baséase na capacidade para aplicar por parellas ou tríos e de forma simulada os movementos e técnicas practicadas individualmente.
E na terceira proba, Tao ou patrón de movementos, o grao de dificultade está en relación cos coñecementos adquiridos en cada categoría.
As categorías e subcategorías establécense en base ó grao, nivel técnico e destreza acadada polo deportista durante o tempo de práctica desta modalidade e divídense en Benxamín, Alevín, e Infantil.
Haberá trofeos especials para o campión absoluto galego e o campión absoluto da provincia de Lugo.