Membros de todos os grupos que conforman a Corporación Municipal recibiron esta mañá na Casa Consistorial aos nenos e nenas dos campos de refuxiados de Tinduf, que estarán ata setembro na cidade grazas ao progama Vacacións en Paz, posto en marcha pola Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, co que colabora o Concello cunha achega económica de 7.000 euros.
Vacaciones en Paz permite que un total de 280 nenos pasen o verán en Galicia, 11 deles na cidade de Lugo, 8 nenos e 3 nenas, o que lle proporciona aos cativos gozar dunha boa alimentación e asistencia médica, ao tempo que evitan as altas temperaturas que soportan nos campamentos, máis de 50 grados.
A concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira deulles a benvida aos cativos e as súas familias de acollida, ao tempo que recoñeceu o esforzo que realiza ano tras ano tanto a asociación como ás familias, para continúar con este programa que se leva a cabo en Galicia dende hai un cuarto de século.